REBT - Nova ITC

No BOE do 31-12-2014 publicouse o Real Decreto 1053/2014 ca nova ITC do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión: "Instalaciones con fines especiales. Infraestructura para la recarga de vehículos eléctricos".

Lectura de Poemas

O vindeiro martes, 24 de febreiro, con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, faremos unha lectura de poemas na Biblioteca do noso Centro, entre as 11.30 e as 12.00 horas.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Doces de Entroido

O vindeiro venres ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón...

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Tarifas Eléctricas

Os días 11 e 12 de febreiro desenvolverase unha actividade formativa relacionada con tarifas eléctricas. Esta actividade será impartida polo departamento técnico de UDESA (Unión Distribuidores Electricidad S.A.http://www.udesa.net/   e está dirixida aó alumnado de segundo curso do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

No seguinte enlace pódese consultar máis información relacionada con esta actividade:

Enlace á actividade “TARIFAS ELÉCTRICAS”.

Xuventude Crea 2015

A Dirección Xeral  de Xuventude e Voluntariado convoca un concurso entre a mocidade  para  elaborar o cartel  do certame  “Xuventude Crea 2015”.

O prazo finaliza o 28 de febreiro.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ás bases.

Semana de Portas Abertas 2015

Esta semana celebramos unha xornada de portas abertas na que se presenta unha mostra dos estudios que se imparten no noso centro ao alumnado dos últimos cursos de Educación Secundaria e Bacharelato.

O “ESPANTALLO” TRASPASA FORMATOS

Pasaron xa máis de catro décadas dende que Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas veu a luz. Lonxe de esmorecer, o texto reinvéntase con cada nova adaptación teatral. A derradeira, a aposta da compañía Os Quinquilláns, conxuntamente coa Editorial Galaxia, que se estreou en sete concellos en decembro pasado dentro do programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura Nadal na Rede.

Coordinación EDLG. Fonte – El Correo Gallego

A QUÍMICA DA UVA MENCÍA DEFÍNESE POLO SOLO E POLO CLIMA

Os resultados dunha tese doctoral realizada polo CSIC, defendida por Íria Rodríguez Vega, permite coñecer, por primeira vez, a composición bioquímica da principal variedade de uva tinta de Galicia, a mencía, así como a influencia que exercen na mesma as características ambientais e orográficas das cinco subzonas de cultivo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño, Quiroga – Bibei e Ribeiras do Sil).

Coordinación EDLG. Fonte – El Correo Gallego

Mario Luis López Isla – Cuba 1955 – é o autor de Gallegos en Cuba. Individualidades: su huella imborrable en una Nación, editado polo Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo, S. L. Vigo, 2011.

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Mañá venres, 30 de xaneiro, tal e como recolle o calendario escolar, conmemórase o Día Escolar da non Violencia e da Paz, que coincide tamén co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio