Engurras

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 26 de xaneiro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Paco Roca "Engurras".

O Politécnico mostrou tres proxectos de Química premiados en Iniciativa Xove

Alumnado de ciclos de Química do Politécnico fixo unha demostración ante o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, de tres proxectos premiados na última convocatoria do certame Iniciativa Xove. Rodeiro destacou a presenza do centro de formación profesional compostelán, que competiu con grupos informais e de asociacións e entidades xuvenís.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa.

Ana Varela

La Voz de Galicia, 17 de xaneiro de 2015

Aula Aberta de Aprendizaxe

Sesións formativas sobre a introdución, iniciación no uso e aproveitamento metodolóxico de dispositivos móbiles e multitáctiles na aula.

O pasado mércores, 14 de xaneiro, o profesor de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón pronunciou unha conferencia no Salón de Actos do CIFP Politécnico de Santiago sobre Enerxías Renovables, cun grande éxito de público.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Programa de Iniciativa Xoven

O vindeiro venres, 16 de xaneiro, no vestíbulo de entrada do noso centro, terá lugar unha exposición dos proxectos seleccionados no programa de iniciativa xoven 2014: "Manexo de biorreactores", "Uso dos Spin Air" e "Xogando coa Química".

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Xuventude Promete

Programa de emprendemento e talento para mozos e mozas.

Enerxías Renovables

O vindeiro mércores, 14 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre Enerxías Renovables, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida polo profesor de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Día das Artes Galegas

A Real Academia Gallega de Bellas Artes, que ten a vocación de salvagardar o patrimonio cultural galego moble, inmoble e inmaterial, acaba de acordar a creación do Día das Artes Galegas para sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura da terra. A data escollida é o 1 de abril porque aparece no epígrafe das introducións do Pórtico da Gloria, un conxunto de obras dirixidas polo Mestre Mateo que reflicten todas as artes.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova.

Manual de Linguaxe Inclusiva

Ferramenta destinada a facer comprender a importancia de usar a linguaxe dun xeito que represente mulleres e homes con simetría e precisión, propoñendo pautas concretas de actuación que poidan ser incorporadas facilmente aos hábitos cotiáns de comunicación.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao manual.

Calendario do Libro e da Lectura

Principais datas relacionadas coa lectura.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao calendario.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio