II Encontro InspiraTICs  e II Concurso Proyecta  Innovación

O II lnspiraTlCs, un encontro para profesores de toda Galicia, aspira a ser un espazo no que un bo número de profesionais da educación se acheguen a novas ferramentas dixitais que enriquezan o seu labor docente, ademais dun lugar para compartir as súas propias experiencias.

Pola súa banda, o II Concurso Proyecta lnnovación ten como obxectivo facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TlCs nas aulas dos centros escotares galegos.

Conferencia técnica da empresa de ferraxes HECO Schrauben Ibérica, S.L

O pasado xoves 12 de febreiro ás 16.00 horas na aula teórica de madeira, Igor García, responsable técnico, e Oscar Suarez, representante comercial para Galicia da empresa Heco Schrauben Ibérica, S.L., déronnos unha conferencia para os alumnos da familia profesional de madeira do "CM Instalación e Amoblamento" e "CS Deseño e Moble", sobre os novos produtos do seu catálogo de ferraxes, abranguendo novidades como o parafusos multi monti ou os conectores para estrutura etc... Trouxéronnos unha serie de mostras para poder comprobar a calidade dos seus produtos.

http://tornillosheco.com/

Santiago acapara case o 25 % dos Proxectos Innovadores de FP

No ano 2011, o Ministerio de Educación creou os premios de innovación en formación profesional e a partir do 2012 a Consellería colleu a testemuña. Este ano presentáronse 38 proxectos en toda Galicia. Deles, en case a cuarta parte, nove, están implicados centros compostelanos. O certo é que o CIFP Politécnico acapara oito, e o IES As Fontiñas completa o cupo de Santiago con un.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa.

E. Álvarez

La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 2015

Número 461 da revista Investigación y Ciencia correspondente ao mes febreiro de 2015.

Número 460 da revista Investigación y Ciencia correspondente ao mes xaneiro de 2015.

Número 292 da revista AITIM correspondente aos meses de novembro a decembro de 2014.

Prevención de riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras

Infórmase ao alumnado que realizou o curso de Prevención de Riscos e manexo seguro de Plataformas Elevadoras que pode recoller os Certificados na Conserxería do Centro.

Aqueles doces cantares. Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro

Que o primeiro gran libro poético de Rosalía de Castro leve o nome de Cantares Galegos ten unha intención explícita de vindicación da patria e de enxalzamento da súa cultura e das súas xentes. Moitos destes cantares tiñan unha raíz popular, tamén de interpretación cantada de forma coral, que é a máis popular das músicas. Pero o libro carece do oportuno libreto musical, malia a constante invocación ao canto, como aparece xa no seu primeiro poema, «As de cantar».

Procurar a converxencia da palabra e da música é o obxectivo deste libro, publicado polo Consello da Cultura Galega en 2013, e que pode ser descargado en formato pdf premendo sobre a seguinte ligazón.

Lingua de Namorar 2015

Para fomentar o uso da lingua galega entre a xuventude, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a terceira edición do concurso en liña: lingua de namorar.

Poden participar mozos e mozas de 14 a 34 anos tendo de prazo para enviar as mensaxes de amor ata o domingo 22 de febreiro.

As bases do concurso atópanse nesta ligazón.

Novo impulso ao coche eléctrico coa regulación da infraestrutura de recarga

España dá un gran paso na implantación do vehículo eléctrico coa aprobación da norma ITC BT 52 con novas dotacións mínimas esixibles para as infraestruturas de recarga.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á noticia publicada por Voltimum.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio