SOFTWARE ONLINE ECOREAL SCHNEIDER

En colaboración con Schneider Electric organizamos dúas xornadas técnicas de presentación do programa Ecoreal Quick Quotation 630A.

Compostela acolle a exposición máis grande do mundo de traducións de Tintín

A exposición, que incorpora 86 libros en diferentes idiomas, poderá verse ata o 31 de maio na biblioteca do Pazo de Fonseca.

Todos os exemplares son propiedade do galego Pedro Rey

Fonte – El Ideal Gallego

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

A pasada semana celebramos o día da muller traballadora no CIFP Politécnico de Santiago, colocando nos taboleiros do recibidor varias fotos, acompañadas dunha lenda, sobre mulleres consideradas sobresaíntes.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

NOVO! - Publicación dos horarios do Curso de Carretillas Elevadoras

Publicación dos horarios do curso de Carretillas Elevadoras que se celebrará entre os días 19 e 31 de marzo (unha sesión teórica e outra práctica).

O curso está aberto ao alumnado de 2º curso de todas as especialidades.

Investigadores vigueses transforman restos de millo e viñas en deterxente

Investigadores do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo converten refugos agroindustriais en deterxentes naturais. Unha das participantes, Xanel Vecino, é a autora dunha tese de doutoramento que aposta polo aproveitamento e revalorización de refugos da industria vitivinícola e polo procesado do millo.

Coordinación EDLG. Fonte – La Voz de Galicia

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

Adquisición de varios libros, co seu correspondente CD de audio e ordenados por niveis de dificultade, para a aprendizaxe do alemán.

Mesa Redonda da Familia de Química

Os departamentos de Química e Información e Orientación Profesional (Emprendemento) organizan unha mesa redonda na que intervirán Juan Carlos Rama (Director RR.HH. de Congalsa S.L.), Juan J. Verdes Gómez (Fundador i-Grape Laboratory) e Cristina Buceta Montero (Responsable de Laboratorio en Corporación Laber, Laboratorio y Consultoría S.L.).

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel informativo da actividade.

Un súpercable de alta tensión enterrado entre España e Francia

Un cable de alta tensión enterrado de 65 km de lonxitude capaz de transportar 2 GW? Estas cifras de récord forman parte dun proxecto pioneiro, non só en canto ao seu cable protagonista, senón noutros moitos aspectos.

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

Adquisición de varios libros, co seu correspondente CD de audio e ordenados por niveis de dificultade, para a aprendizaxe do francés.

Número 462 da revista Investigación y Ciencia correspondente ao mes marzo de 2015.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio