Programa Eduemprende-Atrévete

Este pasado venres  06 de abril, recibimos a visita de 26 alumn@s do CEIP Apóstolo Santiago.

Técnicas de busca que emprego

Organizado polo Departamento de Formación e Orientación Laboral, o mércores 11 de abril desenvolverase un taller sobre técnicas de busca de emprego para o alumnado de 2º curso de FP básica.

Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio

Onte, 44 estudantes dos ciclos de sistemas electrotécnicos, de instalacións de telecomunicacións, de deseño e amoblamento e do ciclo de construcións metálicas do noso CIFP realizaron unha visita guiada ao Viveiro da cámara de Comercio de Santiago.

Fase de Asesoramento. Convocatoria Reunión Grupo

Convócase á REUNIÓN DE GRUPO da fase de asesoramento, na data, hora e sede que se indica no documento adxunto,  a todas as persoas INCLUÍDAS nas LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS no marco da ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (DOG 10-1-2018).

Xornada Formativa para todo o profesorado

Está aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa "Apaixónate 2018", que terá lugar o próximo 14 de abril no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, centrada en como a paixón polo que fas ilustra o camiño cara o éxito.

Folga do Alumnado - SUMA Estudantes Compostela

O vindeiro luns, SUMA Estudantes Compostela ten convocada unha asemblea aberta a todo o estudantado con motivo da folga estudiantil do 19 de abril.

Apertura da Convocatoria

Está aberto o prazo para participar no concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 04.04.2018

Número 499 da revista

Número 499 da revista Investigación y Ciencia correspondente ao mes de abril de 2018.

Número 311 da revista

Número 311 da revista AITIM correspondente aos meses de xaneiro a febreiro de 2018.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio