Familia Profesional "Química" e "Enerxía e Auga"

O departamento de Química e a coordinación de Emprendemento organizan unha mesa redonda na que intervirán dona Marta Lores Aguín (Catedrática Acreditada da USC e emprendedora "i-Grape"), dona Cristina Casas Pérez (Responsable na empresa Viaqua) e dona Olaya González Caramés (Traballadora na empresa Ramsa do grupo Ferroglobe).

Listaxes de solicitantes

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018, con data do 20 de febreiro de 2018.

Coordinación de Emprendemento

A coordinación de Emprendemento en colaboración cos respectivos Departamentos das familias de Ficlos Formativos, organizou para esta semana, do 19 ao 23 de febreiro, Mesas redondas por familias profesionais.

Conferencia

O vindeiro mércores, 28 de febreiro, terá lugar no Salón de Actos do noso centro unha conferencia sobre as Forzas Armadas destinada ao alumnado de segundos cursos de ciclos medios e superiores.

Número 141 da revista

Número 141 da revista Proyecto Contract correspondente ao mes de febreiro de 2018.

Lois Pereiro - Breve encontro

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que reunirémonos na cafetería do centro o xoves,1 de marzo, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Celebración dos talleres de busca de emprego

O xoves 8 de febreiro, organizados polo departamento de FOL en colaboración co DIOP,  desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde  dous talleres de busca de emprego dirixidos a todo o alumnado do centro de segundo curso.

José Manuel Noya Noya

O CIFP Politécnico de Santiago comunica con pesar o falecemento do noso compañeiro José Manuel Noya Noya e transmite as nosas condolencias á súa familia. Descanse en Paz.

Charla Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

O luns, 19 de febreiro, ás 17.00 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Contaminantes emerxentes no ámbito doméstico", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Dúas titulacións do centro proban unha nova cúpula

Para quen acudiu as últimas semanas ao Politécnico resultou unha sorpresa unha cúpula xeodésica de cores instalada no seu exterior.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio