Información Xeral relacionada coa Formación Profesional Dual

A formación profesional do sistema educativo abrangue o conxunto de accións formativas estreitamente relacionadas coas ocupacións, as profesións e o mercado de traballo. Na actualidade, debido á súa ampla oferta, ao seu carácter modular e ás facilidades para a súa realización, a Formación Profesional Dual preséntase como unha opción moi atractiva cunha alta porcentaxe de inserción laboral.

Conscientes da importancia desta modalidade formativa, o CIFP Politécnico de Santiago ten unha ampla oferta deste tipo de ciclos.

Acceda a toda a información relativa á Formación Profesional Dual en Galicia.