Química

Familia Profesional de Química

«Agora mesmo prefiro facer un ciclo superior a un máster»

Noelia Blázquez (Salamanca, 1990) encontrou na Formación Profesional o complemento perfecto para a súa titulación universitaria.

Semana de Portas Abertas 2018

Durante esta semana de portas abertas que se está a celebrar no noso centro, cada familia profesional fai unha pequena mostra do traballo que se está a realizar. Presentamos a continuación un caderno coas prácticas-experiencias que está a desenvolver a familia profesional de Química durante esta mostra.

Julio Masid Bande, Director de Viaqua: "Queremos contribuír a formar aos mellores profesionais no sector da auga."

Fonte: El Correo Gallego

Un convenio coa Xunta permitirá ofertalo no Politécnico.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director de Viaqua, Julio Masid, asinaron onte un convenio para implantar o próximo curso un ciclo de formación profesional na modalidade Dual -coa implicación da empresa privada- e que permitirá formar técnicos no ciclo da auga, unha especialidade de nova implantación en Galicia e con escasa presenza no resto do Estado.

Charla

Na MAÑÁ do mércores, 8 de marzo, ás 10.00 horas no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Xestión de refugos perigosos" para todo o alumnado do Centro, organizada polo Departamento de Química coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Mesa Redonda da Familia de Química

O departamento de Química e a coordinación de Emprendemento organizan unha mesa redonda na que intervirán don Miguel González Castromil (Director InDrops Laboratorio), don José Manuel Santamaría Pérez (Xestor do grupo de investigación Biofarma (USC) e socio de Oncostellae S.L.) e dona Mercedes Mella Lema (Técnica de Laboratorio no centro de  investigacións agrarias de Mabegondo, CIAM).

Mañá mércores no Salón de Actos, de 10.00 a 11.30 h.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel informativo da actividade.

Galardoadas as nais do “corta pega" xenético

Os Premios Fronteiras do Coñecemento recoñecen o traballo de Francisco Mojica, Emmanuelle Charpentier e Jennifer Doudna.

Fonte: El País

Charla ALUMNADO QUÍMICA

 

Na tarde de hoxe venres, 27 de xaneiro, ás 18.30 horas no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Xestión de refugos perigosos", organizada polo Departamento de Química coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

O alumnado de 2º de Operacións de Laboratorio tamén participa na Semana Europea da FP co vídeo que aparece no seguinte enlace e para o cal solicitan a nosa axuda:

https://twitter.com/bacaramos16/status/804086351616479232

Esperamos que vos guste.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Química