Madeira, Moble e Cortiza

Familia Profesional de Madeira, Moble e Cortiza

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou na mañá de onte, 7 de xuño, a mostra "Artesáns da madeira: as novas xeracións".

Desde a Coordinación de Emprendemento  e o Departamento de Madeira  organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 21 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous  xovenes emprendedores do sector,  Inazio Abrao Gómez  e Borja  López Pérez.

Charla departamento Madeira, moble e cortiza

 

O próximo Luns día 6 de Febreiro, teremos una visita dos xerentes da empresa “7varas” que darán unha charla na aula 24, a partir das 18:30.

Conferencia de Maderas Besteiro

O pasado martes 24 de xaneiro ás 16:00 horas, no salón de actos do CIFP Politécnico, Adolfo Montero Ramos, enxeñeiro da empresa Madeiras Besteiro, subministrador de produtos do sector, impartiu unha charla técnica moi interesante sobre novos materiais para estruturas de madeira (madeira laminada, microlaminada, contralaminada); traéndonos diversas  mostras, que quedan  para consulta no departamento de madeira.

http://www.mbesteiro.com/es/

Conferencia técnica da empresa de ferraxes HECO Schrauben Ibérica, S.L

O pasado xoves 12 de febreiro ás 16.00 horas na aula teórica de madeira, Igor García, responsable técnico, e Oscar Suarez, representante comercial para Galicia da empresa Heco Schrauben Ibérica, S.L., déronnos unha conferencia para os alumnos da familia profesional de madeira do "CM Instalación e Amoblamento" e "CS Deseño e Moble", sobre os novos produtos do seu catálogo de ferraxes, abranguendo novidades como o parafusos multi monti ou os conectores para estrutura etc... Trouxéronnos unha serie de mostras para poder comprobar a calidade dos seus produtos.

http://tornillosheco.com/

Subscribirse a RSS - Madeira, Moble e Cortiza