Fabricación Mecánica

Familia Profesional de Fabricación Mecánica

Desde a Coordinación de Emprendemento e o Depto de Fabricación Mecánica, organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 24 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous empresarios, Higinio Marqués Gallo, Director técnico de Troqueles e Moldes de Galicia, TROMOSA, e Andrés Quintá Cortiñas, fundador e presidente do grupo Quintá, do que a empresa matriz é EXTRUGASA.

A primeira promoción do ciclo, polo modelo de FP Dual, inicia a última fase.

O 21 de decembro finalizaron as actividades no Politécnico para 16 estudantes -15 homes e unha muller- que estrean o ciclo de Mecatrónica Industrial en Santiago. Fano segundo o modelo de Formación Profesional Dual. Esta formación é posible porque «Finsa e a Consellería de Educación asinaron un convenio», explica José Carlos Barros, profesor de Fabricación Mecánica do Politécnico e titor deste ciclo.

Autor: Joel Gómez
Fonte: La Voz de Galicia

Perspectiva Laboral na familia de Fabricación Mecánica

No documento adxunto inclúense resultados de inserción laboral do alumnado de Fabricación Mecánica do CIFP Politécnico de Santiago que remataron os seus estudios neste curso e o anterior.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á información.

Xornada de Proxección Térmica

O próximo mércores 3 de xuño celebraranse unhas xornadas sobre procesos de proxección térmica no noso centro.

Preme sobre o seguinte enlace para acceder ao cartel informativo da xornada.

Subscribirse a RSS - Fabricación Mecánica