Animación á Lectura

Actividades da Biblioteca encamiñadas á animación á lectura

Colección de 42 títulos con obras de narrativa, poesía, teatro, banda deseñada, ensaio e divulgación

Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado de secundaria e mais para o profesorado. A súa finalidade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...

23 de abril

Hoxe celebramos o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor 2018.

23 de abril: Día Internacional do Libro

Xornada de intercambio de libros con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril).

Xornada de intercambio de libros con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril).

Día das Artes Galegas 2017: Maruja Mallo

En Sesión Ordinaria, o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes decidiu, por maioría, elixir a candidatura de Maruja Mallo para a celebración do “Día das Artes Galegas” do ano 2017.

Hoxe celebramos unha homenaxe a Eduardo Pondal consistente na lectura dunha selección de poemas da súa obra Queixumes dos Pinos., coincidindo co 130º aniversario da súa publicación.

Participaron os alumnos Xeila, Adriana e José Manuel, así como os profesores Edita, Ismael e Carlos, e o acto rematou coa lectura do poema Os Pinos, texto que pon letra ao Himno Galego. Moitas grazas a todos eles.

Lectura de Poemas

O sábado 12 de novembro cúmprense 130 anos da primeira edición de Queixumes dos Pinos de Eduardo Pondal, polo que o vindeiro luns, 14 de novembro faremos unha lectura de poemas na Biblioteca do noso Centro, entre as 11.30 e as 12.00 horas.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Ademais, La Voz de Galicia reedita en facsímil este poemario e ofrecerallo aos seus lectores este sábado.

Xornada de intercambio de libros con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril).

Na Biblioteca do noso Centro podedes intercambiar os vosos libros. Simplemente colle un libro e deixa outro no seu lugar.

«Aquí», cómic de Richard McGuire, mellor álbum do ano en Angulema

A obra do dibuxante estadounidense narra a historia dun lugar, unha habitación, desde un mesmo ángulo, e a dos persoeiros que a habitan.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa.

La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2016

Hoxe celebramos unha homenaxe a Xosé Neira Vilas consistente na lectura dunha selección de contos da obra Contos de tres mundos.

Participaron as alumnas Adriana e Lara, do CS de Laboratorio e Control de Calidade; Víctor, do CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados; e Carlos e Kevin, do CM Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Moitas grazas a todos eles.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Animación á Lectura