A formación curricular deste novo título de formación profesional realizarase no CIPF Politécnico de Santiago de Compostela. Pero é que ademais contará cunha formación complementaria e outra na empresa, que se desenvolverá en instalacións que xestiona Viaqua. Deste xeito os alumnos terán tamén un coñecemento dos centros de traballo, do día a día. Este ciclo de grao medio comezará o próximo mes de setembro e desenvolverase durante dous anos, os cursos 2017-18 e 2018-19. Ao longo do primeiro trimestre de cada curso os alumnos asistirán a clases, en tanto que nos segundos e terceiros trimestres desenvolverán actividades prácticas na propia empresa.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova orixinal.

Luis Álvarez Santiago
Fonte: El Correo Gallego