Novas

Novas de Emprendemento

AQUAE TALENT HUB VOLVE A SANTIAGO PARA DAR UN PASO MÁIS NA INNOVACIÓN COLABORATIVA

Santiago de Compostela  acollerá o 8 de novembro a segunda edición de  Aquae Talent Hub.

Trátase dun evento de innovación e emprendemento impulsado por Viaqua, a súa  Fundación Aquae e a USC coa  idea de dar "un paso máis", centrado este ano na "innovación colaborativa".

POSTA EN MARCHA DO PROGRAMA “MEDRA” DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o programa Medra, que se desenvolve dentro do marco do Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia (Plan Eduemprende).


EMPREGALIA 2017

Organizado pola Asociación de mulleres en Igualdade de Vigo, terá lugar  os días 10 e 11 de marzo na Estación Marítima de Vigo, “EMPREGALIA 2017”.

O pasado  12 de novembro celebrouse o III FOROEMOCIONA  ao que acudiu parte do profesorado do centro.


III FORO EMOCIONA

Educación emocional e social para ensinar, formar ou desenvolver a outr@s.

O 12 de novembro celébrase o III FOROEMOCIONA dirixido a todas aquelas persoas que queren aprender a desenvolver as súas competencias sociais e emocionais e as dos demáis. Parte do noso profesorado estará alí. Animate! Ainda estás a tempo de facer a túa inscripción.

SPIN 2016: SEMANA DO EMPRENDEMENTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O emprendemento anega Santiago de Compostela con Spin2016 no Gaiás.

Durante esta semana a capital galega alberga numerosas actividades que achegarán un pouco máis a realidade dos emprendedores a toda a cidadanía. Cultura, emprendimiento e moito humor estarán presentes na zona monumental entre o 26 e o 28 de setembro, para trasladarse despois á Cidade da Cultura de Galicia, onde do 29 de setembro ao 1 de outubro celebrarase Spin2016, a maior cita dedicada ao emprendimiento universitario de Iberoamérica, que acollerá a máis de de 2.000 emprendedores, estudantes, investigadores, docentes, empresas ou investidores procedentes de España, Portugal e América Latina.

FORO DA INNOVACIÓN NO EMPREGO (FIE 2016)

Os próximos 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos e Exposicións terá lugar o Foro da Innovación no Emprego que ten como obxectivo "contribuír á dinamización do mercado de emprego metropolitano, realizando accións de vinculación laboral directa e fomentando a xestión de novos postos de traballo".

Máis información en:

http://axencialocaldecolocacion.org/

A plataforma web Car Rescue na prensa

Despois da participación no evento Galiemprende, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco da súa estratexia de fomento do Emprendemento, a prensa interesouse polo proxecto Car Rescue, de Emmanuel K. Yawson, emprendedor no viveiro do CIFP Politécnico de Santiago. Este proxecto pretende ofrecer un servizo que consiga unir, a través dunha plataforma web, a profesionais do sector do automóbil con posibles clientes que necesiten un servizo de reparación rápida a domicilio.

Fonte: El Correo Gallego (11/04/2016)

+ info na seguinte ligazón

Santiago convertirase na capital iberoamericana do Emprendemento

A capital de Galicia recibirá do 29 de setembro ao 1 de outubro o Spin2016, o evento de emprendemento universitario máis importante de Iberoamérica, no que participarán dous mil estudantes, emprendedores, inversores e académicos e repartiranse cen mil euros en premios.

Fonte: La Voz de Galicia (16/02/2016)

+ info na seguinte ligazón

Os viveiros de empresa multiplícanse por dez na crise

Un estudo para a Fundación de Cajas de Ahorro (FUNCAS) identificou 578 viveros de empresas en 2015, cando apenas eran 45 no 2008.

O estudo, dirixido por Francisco José Blanco, da Universidade Rey Juan Carlos, realiza un estudo de 90 viveiros e sitúa o viveiro impulsado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela en primeiro lugar, seguido do centro europeo de empresas de Aragón e do centro de empresas e innovación de Álava.

Fonte: El País (06/02/2016)

+ info na seguinte ligazón

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novas