Los vagabundos de la chatarra

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que reunirémonos na cafetería do centro o xoves, 23 de novembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de banda deseñada "Los vagabundos de la chatarra" de Jorge Carrión e Sagar.

Despois de falar de "Nómades", de Xosé Tomás, abordamos a lectura desta obra de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

Día e hora do evento: 
xoves, 23 Novembro, 2017 -
11:30 a 12:00