Esta vindeira semana celebraráse o acto de clausura do Programa Lanzadeiras, a terceira edición de A Coruña Emprende, co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa buscan promover o espírito emprendedor no alumnado e fomentar o desenvolvemento de cualidades e habilidades persoais como a creatividade, a iniciativa, asunción de rsicos e responsabilidade.

O noso centro participa con dous proxectos: Laboratorios AEPEC e Laboratorios Eneo.

En ambos, traballa alumnado do C.F.superior de Laboratorio, Análise e de Control de Calidade. No primeiro deles, catro persoas elaboran produtos cosméticos ecolóxicos e aceites esenciais con herbas beneficiosas para a saúde presentes no Camiño de Santiago, ás que denominan Esencias do Camiño. No segundo,  ofertan a marcas de bebidas, viticultores ou mesmo particulares análises de todos os parámetros que precisen das bebidas alcohólicas que comercialicen, non só da graduación, datos como a masa, volume, zucres e sacarosas, cor, acidez, porcentaxe de zinc e cobre...

Ademais do traballo no laboratorio, os participantes aprenden todos os pasos para constituir os seus proxectos como empresas. O plan de difusión xa o comezaron en febrero en ocasión da semana de portas abertas que o noso centro celebrou nun stand onde amosaron as súas iniciativas e o seu logotipo identificador para dalos a coñecer entre os asistentes doutros centros educativos.

O evento que consistirá na exposición das miniempresas participantes  e a entrega de premios a tres delas terá lugar no CIFP Ánxel Casal de A Coruña o venres 16 de xuño ás 12.00.

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.