O luns, 19 de febreiro, ás 17.00 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Contaminantes emerxentes no ámbito doméstico", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Será impartida pola profesora da Facultade de Química Dna. Carmen García Jares, departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela, campus de Santiago.

A contaminación en ambientes domésticos pode ser moito maior do que imaxinamos. Os novos materiais de construcción e mobiliario, e os produtos de hixiene persoal e limpeza da casa ceden sustancias químicas que contaminan o aire que respiramos e o noso entorno máis cercano condicionando a nosa calidade de vida.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Día e hora do evento: 
luns, 19 Febreiro, 2018 - 17:00 a 18:00