Galicia Skills 2018

Este venres, 30 de novembro, tivo lugar a entrega das medallas do certame Galicia Skills 2018 por parte da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Nesta cerimonia, o alumnado do noso Centro foi galardoado coas seguintes medallas:

- Medalla Ouro: Esteban Romero Liñares (titora: Cristina Rey Carballo) - Instalacións eléctricas 
- Medalla Ouro: Alberto Vidal Lado (titor: Ovindo Comuñas García) - Soldadura
- Medalla Ouro: Miguel Messina Añón (titor: Sabino Vidal Garea) - Electrónica
- Medalla Ouro: Pablo Chico Segade (titor: Pablo Pérez Seoane) - Control industrial
- Medalla Prata: Mateo Rodríguez Rodríguez (titor: Miguel Ángel Teira Patiño) - Tecnoloxía do automóbil

En nome de toda a comunidade educativa do CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar ao alumnado participante e, en especial, ao alumnado gañador.

Na seguinte ligazón podes acceder á páxina da Consellería con información sobre esta cerimonia de entrega de premios.

 
 
 
 

 

 

Share this post