Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio

Onte, 44 estudantes dos ciclos de sistemas electrotécnicos, de instalacións de telecomunicacións, de deseño e amoblamento e do ciclo de construcións metálicas do noso CIFP realizaron unha visita guiada ao Viveiro da cámara de Comercio de Santiago.

O obxectivo foi coñecer o seu funcionamento e servizos e establecer sinerxias co noso Viveiro.

Recibiron unha charla sobre as opcións profesionais, actitudes e habilidades fundamentais para o desenvolvemento profesional e a opción do emprendemento como saída profesional.

É unha actividade enmarcada no programa de actuación 2018 de Eusumo Cooperativismo e Economía Social, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galiciapara o fomento do cooperativismo.

Se premes na seguinte ligazón accederás a unhas fotos do evento.