Destinado ao alumnado de primeiro de todos os ciclos formativos

O alumnado de primeiro curso de todos os ciclos formativos participou os días 4, 7 e 8 de maio nos talleres de primeiros auxilios que foron organizados polo Departamento de FOL e impartidos por persoal de Cruz Vermella de Santiago.

A asistencia a esta actividade permitiu aos asistentes adquirir destrezas e habilidades na prestación básica  de primeiros auxilios e en particular no referido as técnicas de Reanimación Cardiopulmonar.

Para ver unhas fotos do evento, prema sobre a seguinte ligazón.