Fabricación Mecánica e Instalación e Mantemento

Este pasado venres 23 de febreiro, celebrouse a mesa redonda  conxunta para a Familia Profesional de Fabricación Mecánica e de Mecatrónica, da familia de Instalación e Mantemento.

Na mesma contamos coa presencia de:

- Santiago Resúa Nine, responsable de IRONOR, metalurxia, empresa ubicada en Boiro, con amplia experiencia no sector industrial, abarcando unha amplia variedade de productos, fabricación de todo tipo en pezas de aceiro inoxidable para o sector do mar, automatización de lineas de procesado e estructuras metálicas.
- Iván Rodeiro Villar, empregado de STAC,ubicada en Padrón, empresa con 5 divisións, especializada na fabricación de productos para cerramento en aluminio. Unha empresa en constante crecimento, que mante continuamente abertos procesos de selección para cubrir vacantes en diferentes áreas.
- Cristina Villar Pazos e Fernando Fagin Vaamonde,  empregados de FINSA, nas sedes en Santiago e Padrón, empresa de máis de 80 anos de historia cuxa materia prima principal é a madeira pero QUE a situación do sector e o contexto económico e globalizador levou á empresa a diversificar os seus productos e contan con unha amplia gama de productos de aglomerado,  MDF, melamina, chapa de madeira, rechapado, laminados, compoñentes para mobles,…

Os catro pertenceron ao alumnado do noso centro, e falaronnos da súa traxectoria no ámbito do traballo por conta allea e propia ( no caso de Santiago, emprendedor case desde que acabou os estudos),  en   empresas cunha longa traxectoria que constitúen  referentes no sector, e tendo como un dos seus pilares para manterse nos tempos que corren, a adaptación á nova coxuntura social e económica e a inversión en I+D+i.

Se premes na seguinte ligazón accederás a unhas fotos do evento.