Electricidade e Electrónica

A Coordinación de Emprendemento e o Dpto de Electricidad e Electrónica organizaron a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado xoves 22 de febreiro.

Na mesma contamos coa presencia de Jesús M. Rosende Lamas, Xerente de ELCA LUX e Fernando Queiruga Domínguez, Responsable técnico de HealthyPC.

Achegáronnos á realidade de dúas empresas distintas do sector, a primeira do sector da electricidade, de longa traxectoria, na que Jesús, exalumno do centro, traballou por conta allea e posteriormente asumiu a xerencia nun dos peores momentos da crise sobrevivindo á mesma e remontando gracias á confianza da clientela, base fundamental, e á calidade do seu traballo.

A segunda do sector da Electrónica, Fernando contounos a súa traxectoria, como emprendedor e traballador por conta allea e como se adaptou á conxuntura ofrecendo servicios relacionados coa optimización e conservación de equipos electrónicos, reparación e recuperación de datos.       

Dous claros exemplos de emprendedores da realidade galega do sector, que levaron ao alumnado á reflexión sobre  distintas opcións profesionais e  á valoración do traballo por conta propia como una opción viable. 

Se premes na seguinte ligazón accederás a unhas fotos do evento.