Transporte e Mantemento de Vehículos

A Coordinación de Emprendemento en colaboración co Dpto de Automoción, organizou a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado luns 19 de febreiro.

Na mesma contamos por unha banda coa presencia de Belén Cao, xerente de APTCOR, que abreu a mesa informando sobre a situación do sector, a tipoloxía de talleres, a tramitación  e os puntos fundamentais onde se producen cambios coa entrada en vigor do novo Decreto que regula a actividade na CCAA galega (DECRETO 108/2017, de 2 de noviembre)

Por outra banda, participou Javier Ramos Grille,  ex alumno do centro e emprendedor, xerente de Automoción Grille, que comparteu co alumnado a súa  traxectoria e experiencia no sector.