PROXECTOS DE INNOVACIÓN

Central VoIP con equipamentos de baixo custo (Raspberry PI). Avaliación, melloras e comparación con equipamentos comerciais

Desenvolvemento dun adestrador de telefonía VoIP, baseado en tres Raspberry Pi funcionando en paralelo, que poida ser replicado por calquera centro educativo para complementar as custosas centrais comerciais.
Todavía non hai contido publicado
 

Fogar dixital

Adaptación dunha aula do centro como vivenda que cumpra o regulamento ICT no seu anexo V, que recolle a eficiencia enerxética, a seguridade e o control domótico da vivenda, así como a instalación de todos os servizos recollidos nos regulamentos.

Desenvolvemento dun software que permita a utilización do adestrador a distancia, desde calquera PC, táboa ou teléfono intelixente conectado a internet.
Vídeo de Presentación do Fogar Dixital
Pasos a seguir para conectarse
Solicitude de usuario e contrasinal (acceso á Programación Remota)
Acceso á Programación Remota

Kaiak galego

Construción de tres prototipos de kaiaks de travesía adaptados ás necesidades propias do litoral galego e que cumpran as seguintes premisas: fabricado en madeira autóctona e epoxi, deseño propio, adaptable a diferentes usos, baixo custo de fabricación e posibilidade de comercialización e en formato kit.
Todavía non hai contido publicado
 

Laboratorio de Medios Audiovisuais

Establecemento do deseño e a metodoloxía para a construción dun laboratorio de medios audiovisuais no CIFP Politécnico de Santiago accesible desde calquera PC conectado a Internet, coa integración do software LaBMU - Studio de modo local. Os espazos dos que dispón (estudio de gravación, sala de control e estudio de TV) estarán a dispor de profesorado, alumnado e empresarios do viveiro. Desenvólvense unidades didácticas e materiais multimedia en todas as fases do proxecto.
Vídeo de Presentación do Laboratorio en Galicia Innova
 

Procesos de Robótica aplicados á Soldadura

Obxectivos:

- Crear unha celda robotizada con diferentes técnicas de soldadura.
- Posibilitar a realización de prácticas, tanto para o alumnado como para o profesorado, en novas tecnoloxías de soldadura robotizada.
- Fomentar o uso das TIC na familia profesional de Fabricación Mecánica.
- Elaborar material didáctico e prácticas para os ciclos de Fabricación Mecánica.

Enlace a Aula Virtual

“Smart Grid” -Rede Eléctrica Intelixente- Sistema de telecontrol e telemando aplicado a centro de transformación didáctico

Deseño e desenvolvemento dun centro de transformación didáctico conectado a unha rede eléctrica intelixente ("smartgrid"). Implantación dun sistema de telecontrol remoto e comunicable. Integración do sistema SCADA e o telecontrol nun PC servidor.
Presentación
Fotografías
Novas
Ficha Técnica
Esquema Unifilar
Acceso a telemando
Solicitar visita ás instalacións
Acceso a Prácticas MT2.0
Documentos de ampliación de Prácticas MT2.0

Xeodome

Deseño, cálculo e montaxe dunha cúpula xeodésica para aplicación dos coñecementos de CAD 2D e 3D, e introducir ao alumnado nos principios dos sistemas estructurais.

Permite, ademais, estudar os ensaios na madeira e os procesos organizativos e de optimización de recursos (GAN, CPM e PERT).

Todavía non hai contido publicado
 

Novas

Proxectos de Innovación

Celebración do Congreso de Innovación na Formación Profesional

Entre os días 25 e 27 de abril tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia a terceira edición de FP Innova Galicia.

Ao longo de 4100 m2 de exposición puidéronse coñecer os proxectos de investigación e innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver con empresas e institucións.

Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos

Perfil do alumnado: Persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia. Poderán participar ata un 25% de persoas traballadoras ocupadas, de conformidade cos artigos 27 e 28 da Orde do 7 de marzo de 2017.

Congreso de Innovación na Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despois do éxito da primeira e da segunda edición, dálle continuidade a esta iniciativa coa celebración de FP Innova Galicia 2018, Congreso de Innovación na Formación Profesional, que terá lugar entre os días 25 e 27 de abril na Cidade da Cultura de Galicia.

O ciclo de FP Dual de Tratamento de Augas empeza o día 28 no Politécnico

O programa, con 15 alumnos xa matriculados, impártese en colaboración con Viaqua.

Xoán A. Soler
Fonte: La Voz de Galicia

Galicia contará co primeiro ciclo de FP dual da auga

Julio Masid Bande, Director de Viaqua: "Queremos contribuír a formar aos mellores profesionais no sector da auga."

Fonte: El Correo Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou na mañá de onte, 7 de xuño, a mostra "Artesáns da madeira: as novas xeracións".

Viaqua promove o primeiro ciclo de FP da auga en Galicia

Un convenio coa Xunta permitirá ofertalo no Politécnico.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director de Viaqua, Julio Masid, asinaron onte un convenio para implantar o próximo curso un ciclo de formación profesional na modalidade Dual -coa implicación da empresa privada- e que permitirá formar técnicos no ciclo da auga, unha especialidade de nova implantación en Galicia e con escasa presenza no resto do Estado.

O pasado mércores, 24 de maio, os alumnos do primeiro curso de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos do CIFP Politécnico de Santiago realizaron unha visita didáctica ás instalacións da Central Telefónica de Coruña Montiño.

O mércores pasado recibimos a visita da Orquestra Xuvenil de Corda do CMUS de Santiago.

A semana pasada celebramos as Letras Galegas, dedicadas a Carlos Casares, cun monólogo protagonizado por Serafín Marcos e unha conferencia impartida por Xaime Lis.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novas