A la sombra del convoy

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que reunirémonos na cafetería do centro o xoves, 21 de decembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00). Trataremos a obra de banda deseñada "A la sombra del convoy" de Toussaint & Beroy.

Despois de falar de "Los vagabundos de la chatarra", de Jorge Carrión e Sagar, abordamos a lectura desta obra de banda deseñada e animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

 

Día e hora do evento: 
xoves, 21 Decembro, 2017 -
11:30 a 12:00