María Victoria Moreno - Anagnórise

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o mércores, 16 de maio, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Victoria Moreno, trataremos no noso club o libro "Anagnórise" desta autora. Nesta ocasión cambiamos de data xa que o xoves, 17 de maio, non é día lectivo.

Animamos a novos usuarios a incorporarse ao club. Poñédevos en contacto co coordinador da Biblioteca no horario de atención directa aos usuarios.

 

Día e hora do evento: 
mércores, 16 Maio, 2018 - 11:30 a 12:00