Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2016-2017

Convocatoria xeral de bolsas para o curso 2016-2017

No BOE do 13 de agosto de 2016 publicouse a convocatoria xeral de bolsas para o curso 2016-2017.

Os prazos para a presentación de solicitudes para estudantes non universitarios péchase o 3 de outubro de 2016. As solicitudes de bolsas deben tramitarse en todo caso dentro do período indicado, aínda que non coincida co período de matrícula.

O formulario debe ser cuberto por internet a través da oficina electrónica do Ministerio en: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=746

Rematada a aplicación, debe ser asinada polo solicitante, con calquera dos sistemas de sinatura electrónica ou usando as claves subministradas.

A continuación, a solicitude debe ser enviada por procedemento electrónico para terse por presentada a todos os efectos. Non serán tomados en consideración os formularios cubertos telemáticamente que non conclúen o proceso de envío.

Os requisitos académicos para estudantes de FP son os seguintes:

 

Simulador da contía

Nesta dirección podes obter unha estimación da contía da bolsa que podes obter:

http://www.dudasbecasmec.com/2016/08/calculadora-de-becas-mec-20162017.html

 

Máis información

Ademais da páxina do Ministerio: http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/becas/2016/presentacion.html, podemos obter máis información na seguinte páxina: http://www.dudasbecasmec.com/2016/. Esta última aínda que non é unha páxina oficial (finánciase coa publicidade) é de gran utilidade.

Atención

Se obtés beca e non a destinas ao seu fin poden obrigarche a devolvela. Entenderase que non destinas a bolsa para a súa finalidade se a final de curso te atopas nalgunha das seguintes situacións:

- Causar baixa de feito no centro, antes de que remate o curso 2016-2017.
- Non ter asistido ao oitenta por cento ou máis das horas lectivas.
- Non superar o 50 por cento das horas matriculadas.
- No caso de obter bolsa para o proxecto de final de estudos, non presentalo no prazo dun ano desde a data da concesión da bolsa.

Share this post