Este vindeiro venres 19 de outubro, desenvolveráse no noso centro una actividade formativa sobre o emprendemento a través da metodoloxía LEGO SERIOUS PLAY, organizada pola Coordinación de Emprendemento en colaboración co Dpto de FOL. O obxectivo da mesma é  mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade  tanto por conta propia como allea dos moz@s e potenciar o autoemprego como saída profesional posible. 

Será en dúas quendas de mañá e os destinatarios alumnado de 2º de Ciclos Formativos:

- De 10.00-11.30 para 2º de CARRO e 2º de SITEIN.
- De 12.00-13.30 para 2º de ELVEA e 2º de SIEAUT.

A actividade será a cargo de persoal especializado da Red Araña, entidades polo Emprego.

Preme aquí para acceder ao cartaz cos horarios.

Día e hora do evento: 
venres, 19 Outubro, 2018 (All day)