Acto Conmemorativo

Con motivo da conmemoración o 8 de marzo  do “Dia Internacional das Mulleres”,  o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de FOL e a Biblioteca convidamos a toda a comunidade educativa do centro, persoal e alumnado, en particular ás mulleres, a participar nun acto simbólico  nun día no que queremos lembrar  a loita da muller pola igualdade salarial, económica e social e o seu desenvolvemento  integro como persoa.

O acto será un encontro no recibidor do centro ás 11.45, no que se pretende visibilizar esta loita que é de tod@s e animámosvos a que esteades presentes e participedes na lectura de algún extracto de poema, ensaio, artigo,…..  escrito por mulleres ou homes en pro da igualdade.

Día e hora do evento: 
xoves, 8 Marzo, 2018 - 11:45 a 12:00