Actividades

Técnicas de busca que emprego

Organizado polo Departamento de Formación e Orientación Laboral, o mércores 11 de abril desenvolverase un taller sobre técnicas de busca de emprego para o alumnado de 2º curso de FP básica.

Celebración do Acto de Conmemoración

Onte realizamos no noso centro o acto en conmemoración do Día Internacional das Mulleres, este ano cunha convocatoria de especial relevancia porque ademais de reclamar a igualdade aínda non acadada se reivindica o papel da muller na sociedade e a repulsa á  invisibilidade histórica soportada. Contamos coa  participación tanto de profesorado como alumnado, que procederon á lectura de diversos textos.

Acto Conmemorativo

Con motivo da conmemoración o 8 de marzo  do “Dia Internacional das Mulleres”,  o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Departamento de FOL e a Biblioteca convidamos a toda a comunidade educativa do centro, persoal e alumnado, en particular ás mulleres, a participar nun acto simbólico  nun día no que queremos lembrar  a loita da muller pola igualdade salarial, económica e social e o seu desenvolvemento  integro como persoa.

Celebración dos talleres de economía social

Os días 15 e 19 de febreiro, e organizados polo departamento de FOL en colaboración coa coordinación de emprendemento, tiveron lugar dous talleres sobre economía social aos que asistiu o alumnado de segundo curso de todos os ciclos medios.

Alumnado de primeiro curso

Os días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo organizado polo Departamento de Formación e Orientación Laboral,  terán lugar no Salón de actos do centro unhas charlas con representantes sindicais dirixidas  a todo o alumnado de primeiro curso.

Celebración dos talleres de busca de emprego

O xoves 8 de febreiro, organizados polo departamento de FOL en colaboración co DIOP,  desenvolvéronse en xornada de mañá e tarde  dous talleres de busca de emprego dirixidos a todo o alumnado do centro de segundo curso.

Ciclos Formativos de Grao Medio

O Dpto de Formación e Orientación Laboral en colaboración coa Coordinación de Emprendemento organizou outra xornada-taller sobre o cooperativismo para os Ciclos Formativos de Grao Medio da quenda de mañan.

Taller organizado polo departamento de Formación e Orientación Laboral

Organizado polo Departamento de FOL e coa colaboración do Departamento de Información e Orientación profesional, vai ter  lugar un TALLER SOBRE TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGO; que será impartido pola empresa Extend Recursos Humanos de A Coruña.

A actividade emprendedora como chave para o teu futuro

Este vindeiro xoves 18 de xaneiro desenvolverase no noso centro una acción formativa baixo o título de “A actividade emprendedora como chave para o teu futuro”.

Economía social e traballo cooperativo

A Coordinación de Emprendemento, en colaboración co Dpto de Formación e Orientación Laboral, organizou para este xoves 23 de novembro unha xornada formativa de cooperativismo.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Actividades