Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Julio Masid Bande, Director de Viaqua: "Queremos contribuír a formar aos mellores profesionais no sector da auga."

Fonte: El Correo Gallego

O IES de Pontepedriña súmase aos centros integrados Compostela e Politécnico.

Fonte: La Voz de Galicia

ANUNCIO: Fotografías dos grupos

Xa dispoñemos das fotos dos grupos de ensino ordinario do curso 2016/17.

Premede sobre a seguinte ligazón para velas. Podedes descargalas en alta resolución premendo sobre a ligazón correspondente ao final de cada familia profesional.

Esta vindeira semana celebraráse o acto de clausura do Programa Lanzadeiras, a terceira edición de A Coruña Emprende, co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa buscan promover o espírito emprendedor no alumnado e fomentar o desenvolvemento de cualidades e habilidades persoais como a creatividade, a iniciativa, asunción de rsicos e responsabilidade.

O noso centro participa con dous proxectos: Laboratorios AEPEC e Laboratorios Eneo.

CEREMONIA

O xoves, 22 de xuño, ás 18.00 horas, celebrarase a ceremonia de graduación do noso alumnado no Salón de Actos.

Un convenio coa Xunta permitirá ofertalo no Politécnico.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director de Viaqua, Julio Masid, asinaron onte un convenio para implantar o próximo curso un ciclo de formación profesional na modalidade Dual -coa implicación da empresa privada- e que permitirá formar técnicos no ciclo da auga, unha especialidade de nova implantación en Galicia e con escasa presenza no resto do Estado.

O pasado mércores, 24 de maio, os alumnos do primeiro curso de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos do CIFP Politécnico de Santiago realizaron unha visita didáctica ás instalacións da Central Telefónica de Coruña Montiño.

CLUB DE LECTURA

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o XOVES, 15 de XUÑO, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra "Los Viejos Hornos" de Lupano-Cauuet.

RESULTADO: IV Concurso de Microrrelatos

Reunido o xurado do IV concurso de Microrrelatos, resultou gañador o relato escrito por Carlos Blanco Arca, profesor da familia de Electricidade e Electrónica:

Pantasmas: "Venres 21h.Aula A25. Pecho os ollos. Espértame un ruído. A pantasma do Politécnico levaba 50 anos tras un incauto. Agora serei a súa remuda."

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o fallo do xurado.

O mércores pasado recibimos a visita da Orquestra Xuvenil de Corda do CMUS de Santiago.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Actividades