Este pasado martes 24 de outubro baixo o nome de “ En busca do talento emprendedor” celebrouse o primeiro dos catro obradoiros encadrados dentro do programa Medra; unha das accións, que se desenvolven dentro do marco do Plan de EduEmprende.

O mesmo foi a cargo de Anxo Pérez, CEO e fundador de 8Belts.com, un xoven emprendedor, natural de Fisterra (A Coruña), que creou co seu equipo un método único co que a partir dun algoritmo se pode aprender idiomas online en oito meses.

Ademáis de falarnos da sua empresa transmitiu  a súa paixón pola aprendizaxe e o aproveitamento dos propios talentos, dounos algunhas das claves para triunfar no persoal e profesional: “Convirte cada obxectivo nunha escaleira e cada logro nun chanzo” algún deles é:
“NON DISFRACES COMO SORTE O QUE SE CHAMA ESFORZO”

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ás fotografías deste evento.