Información de Convocatorias Anteriores

Neste apartado incluirase a información (listaxes, taxas, chamamentos...) de anteriores convocatorias do proceso de Acreditación de Competencias.

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Fase de Asesoramento. Convocatoria Reunión Grupo

Convócase á REUNIÓN DE GRUPO da fase de asesoramento, na data, hora e sede que se indica no documento adxunto,  a todas as persoas INCLUÍDAS nas LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS no marco da ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (DOG 10-1-2018).

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 04.04.2018

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Listaxes provisionais

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 13.03.2018

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Listaxes de solicitantes

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018, con data do 20 de febreiro de 2018.

Acreditación de competencias

Información 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2018.

ACREDITACION 2017: Fase de asesoramento. Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

ACREDITACION 2017

Fase de asesoramento. Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 29 de marzo de 2017, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 28 de decembro de 2016 (DOG do 12 de xaneiro de 2017) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Páxinas