Acreditación 2019

Actualmente estase traballando na oferta cara a próxima convocatoria de ACREDITACIÓN 2019.

A continuación descríbense algunhas novidades importantes que afectarán a presentación de solicitudes e a documentación requirida:

1. Para a próxima convocatoria 2019 a presentación da solicitude será realizada por sede electrónica polo que os solicitantes e as persoas de apoio deberán ser informados da necesidade de ter un certificado electrónico ou Chave 365. A solicitude non se poderá presentar nos centros impresa en papel como ata agora.

2. A solicitude vaise realizar exactamente igual que sempre mediante a aplicación informática xerándose un código de solicitude e PIN cando se rexistren. Posteriormente, cando consideren que teñen rematada a carga de datos, deberán pechar a solicitude (non se poderá imprimir). Unha vez pechada a aplicación dirixiraos mediante un enlace á sede electrónica, para que poidan presentala. Este paso requirira dun certificado ou chave 365. Xunto coa solicitude deberán subir á sede electrónica a documentación requirida polo que deberán escaneala previamente.

Nesta sección manterémolo informado da proxima convocatoria Acreditación 2019 así como os periodos de inscripción e  calendario previsto.

Poden estar informados das datas de publicación desta próxima convocatoria 2019 no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion

Share this post