Suxestións, Queixas, Reclamacións ou Felicitacións

Coa intención de coñecer o grao de satisfacción dos usuarios con respecto ao cumprimento dos requisitos por parte do CIFP Politécnico de Santiago, poñemos á súa disposición as seguintes fontes de información:

- SUXESTIÓN: Idea que se lle aporta á Dirección do CIFP con ánimo construtivo para a súa mellora.
- QUEIXA: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP non ten contraídos compromisos debidos ao SXC (Sistema de Xestión da Calidade) ou legais.
- RECLAMACIÓN: Mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a Dirección do CIFP ten contraídos compromisos polo SXC ou legais e non foron cumpridos. As Reclamacións: xestionaranse segundo a LEI_30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común polo que non se poden cursar a través de este formulario.
- FELICITACIÓN: Manifestación de satisfacción cunha Sección concreta do CIFP pola calidade do servizo prestado.

Pregámoslle que cubra o seguinte formulario (*campo obrigatorio):

Por favor, indique se nos quere facer chegar unha suxestión, queixa ou felicitación.
Por favor, indique a Entidade ou Departamento á que vai dirixida.
Introduza o curso ou ciclo formativo ao que pertence, en caso de que sexa alumno ou alumna do centro, ou a dirección postal, en caso contrario.
CAPTCHA
Procedemento necesario para evitar automatismos nos formularios.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.